PRIMEIRA CAMPAÑA DE LIMPEZA Cunha duración de 20 domingos consecutivos (de maio a setembro), dende as 09.00 ata as 12.00 h, un grupo de veciños e veciñas dos concellos de Vilaboa e Pontevedra retiramos maleza e todo tipo de lixo (plásticos, rodas, zapatos, roupa, enseres de cociña, etc), aproximadamente 5 toneladas.
Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro de Menores Avelino Montero.
OBRADOIRO E COLOCACIÓN DE CAIXAS NIÑO Coa participación de 31 rapaces e rapazas confeccionáronse 25 caixas niño, que foron colocadas en todo o tramo do río, dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, co obxectivo de favorecer e fixar poboación de paxaros no dito hábitat.
SOLTA DE TROITAS Soltáronse, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, 2000 troitas ( Salmo Trutta Fario ) coa finalidade de incrementar a riqueza piscícola do río.
CONSTRUCIÓN DE PONTES DE MADEIRA Elaboráronse e colocáronse diversas pontes de madeira sobre o río e os seus afluentes, para favorecer as camiñadas.
FOTOS g004 e g003
CATALOGACIÓN DE AVES Programáronse distintas saídas cun ornitólogo para levar a cabo un inventario das diversas aves que viven ou visitan o río.
CATALOGACIÓN DE INSECTOS Programáronse distintas saídas cun entomólogo para levar a cabo un inventario dos diversos macroinvertebrados que habitan ou visitan o río.
ELABORACIÓN DUN INFORME Elaborouse un informe onde se reflectiron tódalas agresións que está a sufri-lo río (urbanísticas, vertidos, etc.) e foilles remitido ás distintas institucións que teñen competencia sobre o coidado e o mantemento do río.
I FESTA DO RÍO Contou coa participación de tódolos veciños que dun xeito ou doutro participaron nas diversas actividades que se desenvolveron no ano 2001. A dita festa contou con música tradicional, comida, xogos populares e obradoiros de reciclaxe, así como cun paseo polo río.
ANO 2002
CONCESIÓN A ESTE COLECTIVO DO PREMIO “CIDADE DE PONTEVEDRA”, OUTORGADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA POLO COIDADO E DEFENSA DO MEDIO NATURAL.
EXCURSIÓN Á AULA CHELO (AULA DO RÍO, BETANZOS, A CORUÑA) Na dita excursión participaron 54 persoas co obxectivo de coñeceren, dende un punto de vista técnico-científico, o ecosistema dos ríos.
I CEA ANIVERSARIO E CELEBRACIÓN DO PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA
II CAMPAÑA DE LIMPEZA, ANO 2002 Levouse a cabo durante 13 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás do ano 2001, agás que se retirou menos cantidade de lixo e maleza, aínda que, como a campaña se centrou máis no leito do río, atopáronse unha “granada de piña” e unha “mina anticarro” que lles foron entregadas ós técnicos en desactivación de explosivos da Policía Nacional (TEDAX).
Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama e do Centro de Menores Avelino Montero.
EXPOSICIÓN DE LIXO DA CAMPAÑA DE LIMPEZA DO ANO 2002 Realizouse, con elementos curiosos e anecdóticos que foron retirados na dita campaña, no Paseo sobre o río no barrio de Campolongo (Pontevedra capital); constou de 200 obxectos.
II FESTA DO RÍO A dita festa contou con grupos de música tradicional (Os Chichisos, Foula e Cultural Cobres), comida (polbo á feira e carne ó caldeiro), xogos populares e obradoiros de reciclaxe, teatro e un paseo polo río.
ELABORACIÓN DUN FOLLETO INFORMATIVO Confeccionouse un folleto informativo sobre o río en colaboración con Política Lingüística da Xunta de Galicia (4.000 exemplares ).
CONSTRUCIÓN DE PONTES DE MADEIRA.
ESTUDO PISCÍCOLA EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.
ACORDO COS CENTROS EDUCATIVOS. Prográmanse visitas ó río dos alumnos dos centros Riomaior e Toural de Vilaboa e Campolongo de Pontevedra.
XORNADA LÚDICA Ó CARÓN DO RÍO. En colaboración coas asociacións Dajalca, Xarume e Maluna, formadoras de monitores de tempo libre.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO IES DE PONTE CALDELAS ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
ANO 2003
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS Na Casa do Coto en Tomeza, Pontevedra, fíxose unha exposición de fotografías das distintas campañas de limpeza.
II CEA ANIVERSARIO
EXCURSIÓN Ó PARQUE BIOLÓXICO DE VILANOVA DE GAIA, PORTUGAL.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO O TOURAL DE VILABOA, ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
ELABORACIÓN DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE O RÍO. Na dita elaboración participan os colexios O Toural de Vilaboa e Campolongo de Pontevedra, así como o Concello de Pontevedra.
REMÁTASE A CATALOGACIÓN DE AVES DO RÍO. Despois de oito saídas ornitolóxicas (dúas por cada estación do ano), remátase a catalogación de aves, coa colaboración do ornitólogo Ramón Sineiro de Saa.
III CAMPAÑA DE LIMPEZA Levouse a cabo durante 10 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores.
Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama e do Centro de Menores Avelino Montero.
ROTA DO RÍO Iníciase xunto co Club de Montañeiros de Pontevedra o estudo para o deseño da rota polas beiras do río dos Gafos.
III FESTA DO RÍO A dita festa contou coa actuación do grupo de música tradicional Os Chichisos, unha comida (polbo á feira e carne ó caldeiro), xogos populares, reciclaxe de papel, un paseo polo río e a exposición de obxetos curiosos retirados na campaña de limpeza.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES, PONTEVEDRA, ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
RECUPERACIÓN DA PONTE DO REBÓN. Procedeuse coa colaboración do Sr. Miguel de Tomeza, canteiro, á rehabilitación dos petrís da ponte do Rebón.
EXCURSIÓN POLO RÍO DA ASOCIACIÓN A FRANCA IRMANDADE, ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
REUNIÓN CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN. Membros do colectivo reuníronse co presidente da Deputación de Pontevedra co fin de solicitar financiamento para a publicación do catálogo de aves do río.
ANO 2004
III CEA ANIVERSARIO
PLANTACIÓN DE ÁRBORES. Sumámonos á campaña da Consellería de Medio Ambiente “Un millón de árbores para os camiños” plantando árbores na beira do río.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES, PONTEVEDRA, ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
ROTA DOS GAFOS Instalación dun panel informativo da Rota Ecolóxica do río dos Gafos.
IV CAMPAÑA DE LIMPEZA Levouse a cabo durante 9 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores.
Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama, coa da Asociación de Veciños San Andrés de Figueirido, Os Verdes, Asociación pola Defensa da Ría e Franca Irmandade.
CONCESIÓN DO PREMIO AMIGOS DE PONTEVEDRA A asociación Amigos de Pontevedra ten a ben concedernos, no apartado de institucións, o premio Amigos de Pontevedra polo traballo de recuperación das beiras do río dos Gafos e pola acción sociocultural.
IV FESTA DO RÍO A dita festa contou coa actuación do grupo de música tradicional PaidaCana, unha comida (polbo á feira e carne ó caldeiro), xogos populares, un paseo polo río e a exposición de 111 envases de vidro retirados do leito do río nas distintas campañas de limpeza.
Nesta ocasión rendéuselle homenaxe ó finado poeta Manuel María coa lectura de varios dos seus poemas.
RECUPERACIÓN DA TOPONÍMIA Iníciase a recuperación da microtoponímia (toponímia menor) do río, coa colaboración de veciños e veciñas das distintas parroquias bañadas polo río dos Gafos.
O dito traballo diríxeo o filólogo Carlos Solla Varela.
ANO 2005
PLANTACIÓN DE ÁRBORES Plantación de diversas especies autóctonas propias de ribeira. Actividade dirixida fundamentalmente a rapaces e rapazas.
RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA Continúase cos traballos de recuperación da toponimia iniciados a finais do ano pasado.
LIMPEZA DOS MUÍÑOS DE CABANAS Levouse a cabo a limpeza dos muíños de Cabanas, consistente en desbroce de maleza, limpeza da canle etc.
DENUNCIA DE VERTIDOS Denúnciase ante as autoridades competentes e ante os medios de comunicación que o tramo urbán sufre vertidos líquidos cunha periodicidade duns quince días.
CATALOGACIÓN BOTÁNICA Iníciase a catalogación de árbores, arbustos e herbas, coa dirección do botánico Javier Silva Pando.
V CEA ANIVERSARIO
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO PÚBLICO FROEBEL DE PONTEVEDRA, ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
PRESENTACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA “O RÍO DOS GAFOS É O NOSO RÍO”.Coa colaboración do Concello de Pontevedra e CEIP Campolongo.
ROTEIRO DO RÍO GAFOS “OS TOPONIMOS DO GAFOS”. En colaboración co Concello de Pontevedra, dentro do programa “Maio mes da lingua”. Dito roteiro estivo comentado polo filólogo Carlos Solla Varela.
VISITA GUIADA O COUREL
V CAMPAÑA DE LIMPEZA Levouse a cabo durante 7 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en tódalas xornadas, e coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra nunha xornada.
COLABORACIÓN NA lll EDICIÓN DE TERRA DE TODOS Actividade organizada pola asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido, de Terra de Montes.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES, PONTEVEDRA, ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DE VAIPOLORÍO.
REUNIÓN CO DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.
PRESENTACION DO LIBRO “ AVES DO RIO DOS GAFOS. ”
PARTICIPACION NO “PROXECTO RIOS” PROMOVIDO POR ADEGA.
ANO 2006
CAMIÑADAS FOTOGRÁFICAS POLO RÍO Leváronse a cabo diversas camiñadas fotográficas polo río co obxectivo de facer un arquivo fotográfico da situación actual do río e do seu entorno.
CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS Solicitouse a Consellería de Medio Ambiente a inclusión de diversas árbores que están situados nas beiras do río, no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
GRAVACIÓN E PRESENTACIÓN DOCUMENTAL Levouse a cabo a gravación do documental “Vémonos no río, a descuberta do río dos Gafos”, con alumnos de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. Foi presentado na Sala Sargadelos de Pontevedra, a cidadanía en xeral, e no CEIP Campolongo aos directores dos centros de ensino da comarca de Pontevedra.
A Universidade de Vigo, dentro do IV Premio de Creación Audiovisual, concedeulle o segundo premio a dito documental.
DENUNCIA DE VERTIDOS Denúnciase ante o SEPRONA e ante os medios de comunicación que no tramo onde o río se denomina Toxal, na freguesía de Bértola, Vilaboa, sufriu un vertido dun “líquido” que provocou a morte da totalidade dos peixes nun tramo de dous kilómetros.
CATALOGACIÓN BOTÁNICA Continúase coa catalogación de árbores, arbustos e herbas, coa dirección do botánico Javier Silva Pando.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA Visita de alumnos do centro Príncipe Felipe de Pontevedra, acompañados por membros de Vaipolorío.
FIXANDO TOPONÍMIA Levouse a cabo a colocación de letreiros indicativos de diferentes lugares, afluentes, pontes, etc., que corresponden co traballo desenrolado polo filólogo Carlos Solla fai un ano, para a recuperación da microtoponímia do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, tratando de conquerir con elo que a xente que camiñe polo Río identifique os nomes cos que tradicionalmente se viñan denominando ditos espacios.
Ditos letreiros son de “pedra do país” reutilizada, co gaio de minimizar os residuos que producen os obradoiros de cantería e por outra banda a utilización dun material autóctono.
VISITA GUIADA O INVERNADOIRO Dita visita foi realizada ao Parque Natural - Zona de Especial Protección dos Valores Naturais do Invernadoiro, Concello Vilariño de Conxo - Ourense.
VI CAMPAÑA DE LIMPEZA Levouse a cabo durante 8 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores.
Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en dúas xornadas, coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra nunha xornada e coa Asociación Arela.
PARTICIPACION NO “PROXECTO RIOS” PROMOVIDO POR ADEGA.Continúase coas diferentes actividades dentro do Proxecto Ríos, promovido pola Asociación de Defensa Ecolóxica de Galicia.
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COMPOSTAXE Organizouse un obradoiro de elaboración de compost (teórico-práctico), en colaboración co Grupo Ecoloxista Gaia, de A Illa de Arousa, e o CEIP de Campolongo de Pontevedra.
SAÍDA BOTÁNICA AO COMPLEXO INTERMAREAL DE A LANZADA Saída botánica para a descrición de ecosistemas existentes e evolución do territorio do espacio protexido istmo da Lanzada.
PROGRAMA NOITES ABERTAS En colaboración coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, organizouse unha saída nocturna polo río dos Gafos, dirixida polo naturalista Federico de la Peña.
PONTE DO COUTO Solicitouse das administracións (Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Consellería de Medio Ambiente) a recuperación da Ponte do Couto, así como do seu entorno, situada sobre o río dos Gafos ó carón da Rúa Otero Pedrayo neste concello de Pontevedra.
MEMORIA HISTÓRICA Levouse a cabo ao carón da Ponte da Condesa un relatorio a cargo de veciños do río que directa e indirectamente sufriron a represión do réxime franquista.
CATÁLOGO MICOLÓXICO DO RÍO O obxectivo desta actividade é coñecer a biodiversidade fúnxica que alberga o bosque de ribeira do Río dos Gafos.
O encargado de coordinar esta catalogación é Jaime Bernardo Blanco Dios, enxeñeiro agrónomo e experto en micoloxía.
XORNADA DE ANELAMENTO CIENTÍFICO Levada a cabo por Vitor Cabaleiro, anelador científico, membro de Vaipolorío.
CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DE FOTOS ANTIGAS Iniciouse una campaña pra recuperación de fotos antigas do río, do seu entorno e das persoas que tiveron nalgún momento relación co mesmo.
ANO 2007
CATAsLOGACIÓN BOTÁNICA. Fixéronse 5 saídas botánicas rematando este ano o traballo de campo, cun total de 18 xornadas, durante os anos 2005, 2006 e 2007, dirixidas polo botánico Francisco Javier Silva Pando.
CATÁLOGO MICOLÓXICO. Realizáronse 5 saídas pra elaboración do catálogo micolóxico do río, dirixidas polo micólogo Jaime Blanco Dios.
FOTOS AÉREAS. Encargóuselle ao fotógrafo Nelson o traballo da realización de fotos aéreas do río dende o nacemento ata a desembocadura. Dito traballo consistiu en realizar un vó cun helicóptero e unha cámara de alta resolución.
DENUNCIAS. Denúnciase ante as autoridades competentes e ante os medios de comunicación as seguintes denuncias:
Situación da Ponte do Couto.
Cabina no entorno da Ponte da Condesa.
Vertido de entullos no lugar das Brañas.
Levantamento de muro no río Pintos, Marcón.
Caseta pra captación de auga no río Tomeza.
SAÍDAS DE EDUCACIÓN MEDIO AMBIENTAL POLO RÍO TOMEZA.
1 saída coa ludoteca Marioneta.
2 saídas co Concello de Pontevedra.
1 saída co Colexio O Toural de Vilaboa.
1 saída co CEIP San Martiño de Salcedo.
1 saída co Concello de Vilaboa.
1 saída con Monitores Medio Ambientais do Concello de Vilagarcía.
VISITA OS MUÍÑOS DO FOLÓN E AO PARQUE NATURAL MONTE ALOIA.
VII CAMPAÑA DE LIMPEZA. Levouse a cabo durante 7 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en dúas xornadas, e coa Asociación Arela.
PARTICIPACION NO “PROXECTO RIOS” PROMOVIDO POR ADEGA. Continuamos coas diferentes actividades dentro do Proxecto Ríos, promovido pola Asociación de Defensa Ecolóxica de Galicia.
PROGRAMA NOITES ABERTAS. En colaboración coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, organizouse unha saída nocturna polo río dos Gafos, dirixida polo naturalista Federico de la Peña. Ao remate houbo unha degustación de ortigas, preparadas de diferentes xeitos.
PONTE DO COUTO. Reiteróuselle ás administracións (Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Consellería de Medio Ambiente) a recuperación da Ponte do Couto, así como do seu entorno, situada sobre o río dos Gafos ó carón da Rúa Otero Pedrayo neste concello de Pontevedra.
CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DE FOTOS ANTIGAS. Continuouse coa campaña pra recuperación de fotos antigas do río e do seu entorno. Durante este ano adquiríronse diversas fotos e postais a diferentes organismos e particulares.
REXISTRO DA ASOCIACIÓN. Procedeuse a inscribir a asociación no rexistro de Asociacións de carácter Medio Ambiental creado pola Xunta de Galicia.
EXPOSICIÓN DE FOTOS AÉREAS. Expuxéronse durante o mes de decembro 20 fotografías aéreas de tamaño 40x30, onde se recollía todo o tramo do río, dende o nacemento ata a desembocadura. Dita exposición estivo na Casa do Coto, Tomeza
E.N.I.L. (Espacio Natural de Interés Local). Realizado como proxecto de fin de carreira, Alba María Noya Vázquez elaborou un estudo pra declaración do río dos Gafos como ENIL, dito traballo foi promovido por Vaipolorío e dirixido por Adolfo Cordero Rivera, profesor da Universidade de Vigo. Dito proxecto foi presentado ós concellos de Vilaboa e Pontevedra prá súa tramitación.
INSPECCIÓNS NO RÍO. Realizáronse 2 saídas pra inspeccionar a situación do río (vertidos, invasión do dominio público, talas ilegais, etc.)
XORNADAS DE MANTEMENTO. Realizáronse 2 xornadas de mantemento coa finalidade de retirar lixo e limpeza do sendeiro.
SEGUIMOS TRABALLANDO...MÁIS INFORMACIÓN NO TLF. 676.842.942